Monday 29 de April de 2024

Licitación de 41 retretes portátiles para praias e actividades culturais de Riveira


O BOP de hoxe recolle o anuncio polo que se licita a subministración, mantemento e limpeza de retretes químicos portátiles para instalar nas praias e nas actividades culturais e/ou festivas do municipio riveirense durante a tempada de verán.

Serán un total de 41 retretes: 34 modelo VIP e 7 para minusválidos.

O prazo de duración do contrato ascende a dous anos, con posibilidade de prórroga por outro máis. O orzamento de licitación ascende a 24.850,98 euros anuais (tres anos: 74.552,94 euros).

Os interesados dispoñen de 15 días naturais para presentar as súas ofertas.